Ant�n Tovar Bobillo

(1921-2004)

ANT�N TOVAR Rairiz de Veiga (1921-2004)

Ant�n Tovar Bobillo naceu na localidade ourens� da Pereira (Rairiz de Veiga) no ano 1921. Iniciou en Santiago de Compostela os estudos de Filosof�a e Letras, carreira que abandonou para ingresar como novicio nos Xesu�tas de Salamanca, onde ficar�a pouco m�is dun ano. En 1942 ga�ou a oposici�n a Contador do Estado, sendo destinado primeiro a Le�n e m�is tarde a Ourense, cidade en que exerceu como funcionario do Ministerio da Facenda ate 1967, ano en que foi expulsado pola s�a militancia clandestina no Partido Comunista. Nesa altura, comezou a traballar na librar�a Tanco, onde estableceu relaci�n con Vicente Risco , Ferro Couselo e L�pez Cid e tivo acceso a libros prohibidos. Na d�cada de cincuenta iniciou a s�a actividade literaria en espa�ol coa publicaci�n do poemario Barro de nadie (1955). Despois de varios libros de poemas nesa lingua, en 1962 edita no noso idioma Arredores, � que seguir�an Non (1967), Poes�a galega completa (1974) �que recolle os dous primeiros libros e o poemario in�dito "O vento no teu colo"�, Calados esconxuros (1980) �poemas dedicados � reivindicaci�n do idioma�, Berros en voz baixa (1990), A nada destemida (1991) e Cad�ver adiado (2001) �onde se concentra o existencialismo pesimista presente ao longo de toda a s�a producci�n. Embora fose fundamentalmente poeta, publicou relatos curtos �entre outros, os inclu�dos no volume A grande ilusi�n (1989)�, diarios �Diario sen datas (1987) e Diario �ntimo dun vello revoltado (2001)� e ensaio �"Xo�n XXIII e a Terra", co que resultou ga�ador do Premio Amor Ruibal no ano 1966�. Al�n deste galard�n, foi reco�ecido con outros premios como o dos Xogos Florais de Guimar�es (1960 e 1972), o Premio da Cr�tica de Galiza (1981), o Losada Di�guez (1991) e o Celanova, Casa dos poetas (2003). Ap�s unha prolongada enfermidade, Ant�n Tovar Bobillo faleceu en Ourense o 16 de Xu�o de 2004.

  • Cando eu morra

    por Ant�n Tovar

    Os mortos campesinos te�en as sepulturas con canci�s de paxaros e ni�eiros de estrelas i � car�n das suas silvas van as vacas marelas e c�ntanlles os ventos as cantigas m�is puras.

    Os mortos campesinos �rguense antre pi�eiros i �s s�as covas xeadas cheas de soedade of�rcelle a paisaxe pano de caridade feito de millo i auga de toxos e vieiros.

    Os mortos alde�s devalan por atallos, antre os centeos verdes, xunto a r�os mansi�os, con fachicos de estrelas e noit�bregos ni�os de gaitas que inda tecen os seus finos meigallos.

    Cando chegue o meu d�a i o derradeiro viaxe, enterr�ime na dorna dun adri�o alde�n, po��ime nela espido sin sudario -no chan- que xa te�o �n pra m�n feito s� de paisaxe.

    Cando o meu corpo morra xunto � frol das toxeiras ser�i un acio m�is tripado en gran vendima polas patas dos bois, os bois da mi�a Limia, nun lagar oce�nico de longas carballeiras.. .

    Ant�n Tovar (Xinzo de Limia 1921 - Ourense 16/6/2004) www.xinzodelimia.eu Contador Gratis