A Sala Municipal de
Exposici�ns do Concello de Tui acolle dende a pasada semana unha exposici�n
de pintura da artista tudense In�s Palomanes. M�is de corenta �leos
realizan un percorrido pola traxectoria pict�rica desta autodidacta amosando
as diversas tem�ticas que aborda na s�a produci�n: paisaxe, mari�as,
bodeg�ns... que xunto a imaxes da cidade conforman esta exposici�n.
Esta exposici�n pecha o ano nesta Sala Municipal de
Exposici�ns do Concello de Tui, que ten acollido ao longo do ano 2008 m�is
dunha ducia de mostras de diversa tem�tica. Neste caso estamos diante dunha
exposici�n dunha artista tudense, un dos eixos b�sicos no funcionamento
deste Sala Municipal.
Para o concelleiro de cultura tudense, Mois�s Rodr�guez
P�rez, con esta exposici�n a
Conceller�a de Cultura da cumprimento a un dos seus
principais obxectivos: a promoci�n dos artistas da cidade, tanto
profesionais como afeccionados, posibilitando que os veci�os de Tui poidan
achegarse ao disfrute das s�as obras.
Esta exposici�n
estar� aberta ata o vindeiro 30 de decembro de 2008.


