| | Xaqu�n Lorenzo Fern�ndez "Xocas"
| ![]() |


(Ourense 23-6-1907 - 19-7-1989)
Etn�grafo e historiador. Co�ecido como Xocas, foi alumno de R. Otero Pedraio en Ourense e estudiou filosof�a e letras en Santiago de Compostela e Zaragoza. Incorporado � Grupo N�s, colaborou asiduamente na revista N�s, ademais doutras publicaci�ns galegas e do estranxeiro. � comezo da Guerra Civil Espa�ola fer�rono e durante a s�a convalecencia formouse no seu domicilio un destacado parladoiro � que acud�an R. Otero Pedraio, Vicente Risco, Florentino Cuevillas e Gonz�lez Salgado. Ademais, durante esa etapa aproveitou para ler numerosos cl�sicos galegos e portugueses cos que foi enriquecendo a s�a formaci�n intelectual. Posteriormente, exerceu a docencia en Ourense, primeiramente no Instituto e logo no colexio Cardenal Cisneros, e investigou principalmente nos eidos da etnograf�a, o folclore e a prehistoria de Galicia. Apoiado por Florentino Cuevillas e polo profesor Llu�s Pericot realizou diversas escavaci�ns en castros, como a do castro de san Cibrao de Las (1948-1949), en m�moas e igrexas de toda Galicia. Neste sentido, c�mpre salientar as s�as investigaci�ns � redor de diferentes elementos etnogr�ficos, como os oficios, os tecidos, o traxe, o xantar, a terra, os produtos do campo ou o carro, un dos temas que m�is desenvolveu nos seus traballos. Ademais, colaborou asiduamente coa Comisi�n de Monumentos de Ourense e co grupo �Marcelo Mac�as�. Escribiu numerosos artigos que apareceron en publicaci�ns galegas, espa�olas, portuguesas e brasileiras, como �L�pidas sepulcrales gallegas de arte popular�, �A arte popular nos xugos da Galiza�, �La Capilla y el santuario del Sant�simo Cristo de la Catedral de Orense�, �Nomenclatura del carro gallego�, �La casa gallega�, �Cer�micas castrexas pintadas�, �Deidades marianas en el Ourense romano� e �Metamorfosis dunha casa castrexa�. Publicou, xunto con Cuevillas, Vila de Calvos de Rand�n (1930) e recolleu as s�as pescudas etnogr�ficas por toda Galicia en Etnograf�a. Cultura material (1962), volume n�mero II da Historia de Galiza dirixida por R. Otero Pedrayo. Escribiu tam�n Cantigueiro popular da Limia Baixa (1973), A terra (1982), A casa (1982), O mar e os r�os (1982), Os oficios (1983) e Refraneiro Galego (1983). Foi membro numerario da Real Academia Galega, membro do Seminario de Estudos Galegos, presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego e correspondente da Real Academia da Historia e da de Belas Artes. Recibiu, entre outros galard�ns, o premio Otero Pedrayo (1982) e a Medalla Castelao (1984). En 2004 dedic�uselle o D�a das Letras Galegas.